ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Alumnos do colexio Pablo VI-Fátima protagonizan o Pleno infantil no Concello da Rúa

Os cativos de 3º e 4º de Primaria escenificaron unha sesión plenaria no marco da clase de Ciencias Sociais

Non hai como unha clase práctica para aprender un concepto. Por iso, no marco da clase de Ciencias Sociais do colexio Pablo VI-Fátima, que imparte Rocío Illesca, os alumnos de 3º e 4º de Primaria participaron activamente nun pleno infantil celebrado na mañá do 23 de maio no salón plenario do Concello da Rúa. Os primeiros como público (eles serán os protagonistas o ano que vén) e os segundos como se da corporación municipal se tratara.

Tal como explica a profesora, o tema sobre o goberno municipal foi tratado na clase de 4º. “Os alumnos dividíronse en tres grupos (partidos políticos): Together we can, Junior Team e Pichichis, cada un presentou e expuxo o seu programa, houbo eleccións e finalmente saíu elexido o de Together we can”, di Rocío, engadindo que a idea é que ademais de estudalo sobre o papel, os cativos puderan vivir a experiencia en persoa.

Así, unha vez conformada a corporación e coa alcaldesa electa Celtia Alonso dirixindo a sesión, os concelleiros foron expoñendo ao pleno as súas propostas, rebatidas pola oposición e votadas. Ideas como a creación dun campo de fútbol na Rúa Vella con porterías novas e céspede artificial; un parque pensado para os máis pequenos; ou un parque acuático, tocáronse durante a sesión, baixo a atenta mirada do público, da titora de 3º Cristina García, do director do colexio José Manuel Carrasco, do alcalde da Rúa Luis Fernández e da profesora de Ciencias Sociais, Rocío Illesca, presentes na sala.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button