CulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do Divina Pastora do Barco entre os 1.780 que visitarán a Casa dos Poetas

A Fundación Curros Enríquez ten confirmada a visita a Celanova de 41 centros escolares de toda Galicia
Fachada da Casa dos Poetas en Celanova.
Fachada da Casa dos Poetas en Celanova.

Durante os meses de febreiro e xuño a Fundación Curros Enríquez acolle numerosos grupos de escolares que se achegan a Celanova a para visitar a Casa dos Poetas e para realizar algunha das actividades organizadas en torno aos escritores da vila. Moitos deles realizan o programa “Ven oñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio” que combina as visitas á Casa dos Poetas, ó Mosteiro de San Rosendo, a Vilanova dos Infantes e a Castromao cun percorrido urbano a través da poesía pola vila de Celanova.

Actualmente, a Fundación ten confirmada a visita de 41 centros de toda Galicia cunha previsión de 1.780 alumnos. Segundo explican dende a propia entidade, dende hai uns anos está a agradecer publicamente a aqueles centros que realizan a súa visita por quinto ano desde a apertura da Casa dos Poetas en 2006, como é o caso do CPR Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras, o IES Aquis Querquennis de Bande, o IES Castelao de Vigo, o IES de Rodeira de Cangas, IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia,o IES Xesús Taboada Chivite de Verín e o IES Xulián Magariños de Negreira.

Artigos relacionados

Back to top button