OurenseÚltima hora

Alumnos do IES 12 de Outubro de Ourense participan no campus virtual Educaixa Challenge

O seu traballo foi elixido entre preto de 1.000 proxectos de toda España, Portugal e Colombia

O equipo do IES 12 de Outubro que participa no campus.

 

Dos máis de 1.000 proxectos de toda España, Portugal e Colombia que se presentaron ao Reto Big Data da fundación EduCaixa, (só 985 cumprían todas as condicións), foron seleccionados 95 (4 deles galegos) para participar no campus virtual Educaixa Challenge, entre os que está un de Ourense.

O equipo formado polos alumnos e alumnas de Tecnoloxía da Información de 1º de Bacharelato do IES 12 de Outubro -Paula Álvarez Álvarez, Paula Alvarado Martínez, Hugo Cid Seara e Roi Sarmiento Martínez-, clasificouse co seu traballo para a final do reto.

O proxecto do equipo ourensán comprende aspectos sobre o Big Data como qué son os datos, para que serve analizar os datos, como podemos identificar patróns, por que é importante visualizar os datos, que ferramentas hai para a análise e a visualización dos datos ou que nos ensinan os datos.

O evento comezaba onte e rematará mañá e o premio para os 5 gañadores será un Bootcamp en Mallorca, na que se desenvolverán actividades como charlas, talleres, actividades lúdicas e traballo autónomo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button