CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do IES Carlos Casares de Viana conciencian á cidadanía para previr os contaxios polo Covid durante o Nadal

Máis dunha centena de carteis e un millar de pegatinas, con mensaxes e imaxes creados por eles serán distribuidos nas aldeas e vilas de Viana, a Veiga, Vilariño e A Gudiña

 

Concienciar á cidadanía para que adoite hábitos seguros durante o Nadal, previndo os contaxios polo Covid, é o obxectivo da campaña de sensibilización que un grupo de estudiantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional do IES Carlos Casares de Viana iniciaron hoxe 22 de decembro.

Máis dunha centena de carteis e un millar de pegatinas con mensaxes e imaxes creados por eles, serán distribuídos nas aldeas e vilas de Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso e A Gudiña. Tamén realizarán sensibilización directa nos seus entornos familiares e cos veciños sobre a “importancia de manter a distancia de seguridade e protexer de xeito especial as persoas máis maiores”.

Estes 43 estudantes forman desde setembro un grupo de voluntariado “Axentes de Saúde”, especialmente formado para tomar parte activa na sociedade no control da pandemia. O grupo está coordinado polo equipo Covid, formado polos profesores Luis Fernández, Monserrat Ulloa e Emilia Touriño.

“A campaña enmárcase nunha filosofía educativa do noso centro que prima o voluntariado como xeito de vencellar a escola coa sociedade, e dota de protagonismo ao alumnado como motores e xeradores de cambio social”, explica o director do centro Carlos Ferreiro.

Fotos: IES Carlos Casares

Artigos relacionados

Back to top button