CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Alumnos do IES Lauro Olmo do Barco visitan a exposición sobre o material arqueolóxico recuperado na “Cidade da Selva”

Esta mostra, instalada no Casino barquense, pechaba as súas portas o 30 de novembro

Ata o 30 de novembro podía visitarse no Casino do Barco a exposición “A Cidade da Selva e a guerrilla antifranquista no noroeste peninsular”, que reúne medio millar de pezas recuperadas na escavación realizada polo equipo de Sputnik Labrego o pasado verán en dúas zonas dos montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras): o Val das Morteiras e O Teixadal.

Precisamente nesta última xornada tiña lugar unha visita dun grupo de alumnos de 3º da ESO do IES Lauro Olmo da vila, acompañado por un profesor. Da man do investigador Alejandro Rodríguez coñecían o proxecto de investigación que está a desenvolver Sputnik Labrego sobre a guerrilla e o diferente material atopado, así como a información que aportan sobre a forma de vida dos guerrilleiros durante cinco anos nos campamentos da “Cidade da Selva”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button