CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do IES Lauro Olmo, gañadores galegos do Rallye Matemático sen Fronteiras

Os oito estudantes do Barco viaxarán a Toulouse (Francia) o 23 de maio para desputar a final
Alumnos do IES Lauro Olmo ganadores na fase .galega
Alumnos do IES Lauro Olmo ganadores na fase .galega

Eva Rodríguez, Garazi Rodríguez, Sergio Rodríguez, Damián Vázquez, Candela Novo, Juan Luis Méndez, Miguel Sánchez e Mario Vidal. Son os oito alumnos de 3º da ESO do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, que viaxarán ata Toulouse (Francia) o vindeiro 23 de maio, para participar na final do Rallye Matemático sen Fronteiras 2014. Farano despois de ter superado aos centros de Marín e Culleredo na fase galega desputada en Santiago de Compostela.

A actividade na que levan traballando dende comezos de curso, está coordinada pola profesora Isabel Álvarez do departamento de matemáticas do centro, coa colaboración da tamén profesora Pilar Rodríguez.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil
Foto: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button