CulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do IES Lauro Olmo na LII Olimpiada Matemática

Oito estudantes barquenses de 1º de Bacharelato participaron en Santiago na fase autonómica
Os alumnos do IES Lauro Olmo participantes na Olimpiada Matemática.
Os alumnos do IES Lauro Olmo participantes na Olimpiada Matemática.

Despois do éxito no Rally Matemático sen Fronteiras que gañaban por segundo ano en 2015, os oito alumnos de 1º de Bacharelato do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras decidían probar sorte na Olimpiada Matemática Española, desta volta individualmente.

A primeira fase, a nivel de comunidade autónoma da que sairán os tres galegos que competirán pola final en Barcelona a finais de marzo, tiña lugar os días 15 e 16 de xaneiro na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, resolvendo problemas “de moi alto nivel”, explica a profesora de matemáticas Isabel Álvarez, que é quen axuda aos rapaces a prepararse coa colaboración doutra profesora, Pilar Rodríguez.

Os alumnos barquenses participantes nesta fase autonómica son: Carlos Conde Domínguez, Juan Luis Méndez Álvarez, Candela Novo López, Garaci Rodríguez Corzo, Eva Rodríguez Delgado, Sergio Rodríguez Delgado, Miguel Sánchez Rodríguez e Mario Vidal Domínguez.

Artigos relacionados

Back to top button