CulturaCulturaÚltima hora

Alumnos do IES Lauro Olmo percorren as instalacións de enBarcArte

Esta era a primeira das saídas do proxecto “Facemos Valdeorras”, que se desenvolverá neste curso no instituto barquense, na que tamén visitaban os murais realizados no paso subterráneo entre as rúas de Santa Rita e Caleras e o mosaico de Chere
Os alumnos do IES Lauro Olmo con Coquixo, na instalación “Pulpo urbano”, de enBarcArte./ Foto cedida.

Un itinerario pola arte urbana e máis actual do Barco. Esta era a temática da primeira das saídas realizada polos alumnos do IES Lauro Olmo do Barco dentro do proxecto “Facemos Valdeorras”, que desenvolverán ao longo deste curso. Tiña lugar na mañá do 24 de setembro e nela facían un percorrido polas instalacións artísticas do Festival enBarcArte, que aínda poderán verse ata o 30 de setembro.

Na ruta polas instalacións contaban coa presenza do artista barquense Luis Enrique Rodríguez “Coquixo”, autor da obra “Pulpo urbano”, que pode verse na praza Maior do Barco. Este creador explicáballes a estes alumnos de 4º ESO do IES Lauro Olmo o sentido e proceso creativo que deu lugar a esta instalación.

Ademais os estudantes visitaban as pinturas murais realizadas neste verán no paso subterráneo entre as rúas de Santa Rita e Caleras e o mosaico de azulezos e pezas de Sargadelos coordinado polo creador tamén valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”.

Artigos relacionados

Back to top button