Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Alumnos do IES nº1 do Carballiño, premiados no VI Concurso de Curtas sobre doazón e transplantes

Recibían o primeiro premio deste certame polo traballo “Segue latexando”. Os galardóns entregábanse en Santiago esta mañá

O Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago acollía neste 5 de xuño o acto de entrega dos premios aos gañadores do VI Concurso de Curtas e do VI Concurso de Debuxo e Lemas para escolares, ambos relacionados coa doazón e os transplantes, que tivo lugar hoxe co gallo da conmemoración do Día Nacional do Doador.

Nesta sexta edición do concurso de debuxo e lemas para escolares acadou o primeiro premio o traballo “Está nas túas mans salvar vidas”, de Lucía Alonso Moure do IES Alexandre Bóveda (Vigo), e o segundo premio recaeu en “Ti podes facer maxia. Doa”, de Paula Piñeiro Abalde do IES Carlos Casares (Vigo).

Polo que atinxe ao VI Concurso de Curtametraxes, o primeiro premio foi para o traballo “Segue latexando” de Daniel Fernández Filloy, Yoel González Penín, Raúl Carballeda Troncoso, Paula Trigás Nogueira e Mª Josefina Fidalgo Lamas, do IES nº1 de O Carballiño, mentres que o segundo premio foi para a curtametraxe “Mitos e Realidade” de Breixo Chan Piñeiro, Manuel Soutullo García, Nicolás Crespo Sanmartín, Ángel Peón Calvar e Javier Muíños Candeira, do IES Luis Seoane (Pontevedra).

O acto estivo presidido polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presidiu, xunto co secretario xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Manuel Corredoira López, e contábase ademais coa presenza do director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal Viñas; da directora de ADOS, Marisa López García; José Luis Fernández Astray, director de comunicación de GADISA, empresa patrocinadora do certame de debuxo e lemas; e da responsable da Coordinación Autonómica de Transplantes, Encarnación Bouzas Caamaño.

O conselleiro de Sanidade quixo poñer en valor a especial sensibilidade dos máis novos a prol do solidario xesto da doazón e os transplantes de órganos, froito do traballo desenvolvido nos últimos anos en Galicia pola Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e todos os membros da comunidade educativa galega.

Ademais Almuiña quixo subliñar a excelente evolución do programa de transplantes e salientou que, no transcurso dos primeiros cinco meses do ano, Galicia experimentou un incremento do 56% no número de doazóns de órganos, converténdose na comunidade autónoma con maior aumento de doantes. Ademais. Almuiña cifrou nun 20% a porcentaxe de aumento do número de transplantes, un dato enormemente positivo se temos en conta que no ano 2018 batéronse en Galicia as cifras tanto de doazón de órganos como de transplante.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close