OurenseÚltima horaVídeos

Alumnos do IES O Couto de Ourense tocan, cantan e bailan con Carlos Núñez no confinamento

Grabaron un vídeo dende a casa ao ritmo da "Alborada de Veiga" e da "Muiñeira de Chantada"

O gaiteiro galego Carlos Núñez, tocando no vídeo.

 

“A música non pode parar, porque une a todas as almas, algo tan necesario nestes intres de solidariedade. Vémonos moi pronto nun escenario, se queredes, todos xuntos”. Con estas palabras, Carlos Núñez, mandaba unha mensaxe de ánimo e valoraba moi positivamente a iniciativa do departamento de música do IES O Couto de Ourense, no que colaborou.

Tal como explica a profesora de música, Olalla Núñez Deza, durante o confinamento intentou manter o traballo en grupo en todo momento e tamén “a ilusión do meu alumnado”, para o cal levaron a cabo diferentes proxectos e vídeos musicais a distancia. Anteriormente grabaron un vídeo co alumnado e outro con algúns membros do profesorado e agora, presentan este terceiro con membros da comunidade educativa do instituto.

Olalla conta que foi un traballo “complexo” pola diversidade de elementos implicados, xa que se trata dun vídeo coa versión de Carlos Núñez da Alborada de Veiga e da Muiñeira de Chantada no que mesturan baile, instrumentación variada, percusións con instrumentos e obxectos, así como unha letra inventada.

Con todo, o especial deste proxecto é “que contamos coa colaboración do propio Carlos Núñez, primo meu, que quiso mandar unha mensaxe de ánimo a todos os miembros desta comunidade educativa, lembrando que a música axuda a unir ás persoas e a sobrelevar os momentos máis duros”, conta a profesora, destacando que este proxecto supuxo “un complexo labor de coordinación a distancia, pero tamén a satisfacción de poder animar a todos dende o noso humilde traballo e facer que o alumnado manteña a ilusión dende a casa e os familiares e profesoes reciban un agasallo”.

 

Artigos relacionados

Back to top button