CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Alumnos do Pablo VI-Fátima celebran na biblioteca da Rúa o Día das Letras Inglesas

Esta nova edición do English Word tiña lugar na mañá do 20 de xuño

Con certo retraso con respecto ao ano pasado, un grupo de alumnos de 3º a 6º de Educación Primaria do colexio Pablo VI- Fátima, celebraron xunto á profesora Rocío Illesca, o Día das Letras Inglesas (English Word) na biblioteca municipal da Rúa. Alí, na mañá do 20 de xuño, os cativos cambiaron as mesas da aula polas da biblioteca para ler páxinas dos libros cos que traballan nas clases de inglés durante o curso.

English Word é unha actividade organizada polo departamento de inglés do centro, que nacía hai xa cinco anos para que os nenos se vaian familiarizando co idioma.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button