CulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do Pablo VI achéganse ata a oficina de Correos da Rúa

A visita está incluída no programa de actividades da Semana Cultural que se estenderá ata o 25 de abril

Hoxe, luns 20 de abril, arranca unha nova edición da Semana Cultural do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa que porá o broche de ouro á celebración do 50 aniversario do centro escolar.

O programa de actividades estenderase ata o vindeiro sábado 25 de abril, e comezaba coa inauguración da exposición sobre o aniversario (aberta na recepción do colexio), e tamén con dúas saídas. A primeira, para os alumnos de 3º, 4º e 5º de Primaria foi ata o supermercado Eroski; a segunda para os de 6º de Primaria, á oficina de Correos. Ata alí se desprazaron uns 22 escolares para enviar persoalmente unha carta ao Papa Francisco. Unha vez entregada a misiva, o xefe de equipo Constantino Fernández Aristegui, amosou as instalacións aos nenos, explicándolles asemade o proceso polo que pasan as cartas antes de partir rumbo ao seu destino. En Correos obsequiaron aos cativos con caramelos e un comic sobre un carteiro, e o vindeiro venres día 24 recibirán a visita doutro grupo de nenos de entre 3 e 5 anos do mesmo centro.

Amais destas visitas, ao longo da semana sucederanse as actividades de carácter cultural e lúdico con charlas, coloquios, representacións, actuacións e ata xincanas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button