EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Visita do IES O Ribeiro á D.O. Monterrei

Esta é a segunda acción para centros de hostelaría que promove este consello regulador durante o ano 2017
Visita dos alumnos do IES Ribeiro á sede do CRDO Monterrei.

Unha vintena de alumnos e profesores do IES O Ribeiro participaban o 25 de maio nunha acción formativa para dar a coñecer o viño da Denominación de Orixe Monterrei e a zona na que se elabora. O grupo participaba nun variado programa de actividades que incluía unha presentación sobre as orixes do viño en Galicia e un roteiro polos milenarios lagares rupestres de Monterrei da man do sumiller Luis Paadín.

Tamén se achegaban ata a sede do Consello Regulador da D.O. Monterrei, onde eran recibidos polo seu presidente, José Antonio Da Silva. Ademais o personal técnico deste organismo realizaba unha presentación das peculiaridades desta zona vitivinícola e dos viños de Monterrei. Finalmente visitaban a adega Franco Basalo S.L.U. para coñecer in situ o proceso de elaboración e embotellado do viño.

Esta é a segunda acción para centros de hostelería que promove a D.O. Monterrei durante o ano 2017, tras a do CIFP Paseo das Pontes da Coruña. Este tipo de accións seguen a liña de formación iniciada no pasado ano.

Artigos relacionados

Back to top button