OurenseÚltima hora

Alumnos do Grao de Dereito da UVigo realizan as súas prácticas na Subdelegación do Goberno

Estas prácticas son froito dun convenio asinado entre esta entidade e a Universidade de Vigo o pasado 5 de marzo
Manuel Arias e Roberto Castro canda aos novos bolseiros da Subdelegación.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o secretario xeral da Subdelegación, Manuel Arias, en calidade de titor, recibiron ás tes alumas e ao alumno, a piques de rematar os seus estudos do Grao de Dereito no Campus de Ourense da UVigo, para que completen a súa formación coas prácticas académicas externas que desenvolverán na Subdelegación do Goberno por un período de dous meses.

Este convenio, que foi asinado o pasado 5 de marzo de 2015 polo Secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Betea e o Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, ten por obxectivo a realización de prácticas académicas externas na Subdelegación do Goberno en Ourense por parte de alumnos matriculados no Grao de Dereito e de Traballo social, que se imparten no Campus de Ourense, de tal modo que permitan completar os seus estudos universitarios, para unha futura incorporación ao mundo laboral.

Roberto Castro remarcou que esta experiencia é “enriquecedora” para que estes estudantes no que se refire á súa preparación como futuros xuristas e traballadores sociais, “e para os empregados públicos que poderán compartir experiencias laborais co mundo universitario”, asegurou. Neste senso, Castro remarcou que este período de prácticas “é enriquecemento mutuo que repercutirá nun mellor servizo á cidadanía, pois seremos máis áxiles e aínda máis transparentes”.

Así mesmo, o subdelegado do Goberno amosou a súa satisfacción pola concreción deste tipo de acordos e manifestou a predisposición do Goberno central na provincia a seguir a traballar para que cheguen máis convenios co mundo escolar e universitario de colaboración como é o caso do Campus da Auga e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Entre as tarefas que van a desenvolver estes novos bolseiros, informan dende a Subdelegación, están a do seguimento de procedementos administrativos en materias de competencia, realización de informes e outros cometidos de natureza homóloga vinculadas á súa formación académica.

Artigos relacionados

Back to top button