CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do IES Lauro Olmo, entre os mellores estudantes de Galicia

David González, Raquel Alonso e Sabela Freixeiro conseguiron a Excelencia Académica nas PAU 2016
O IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.
O IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

Un ano máis, alumnos do instituto barquense conseguiron a Excelencia Académica na Selectividade, superando o 9 na parte xeral das PAU (Probas de Acceso á Universidade). Son David González Prada, Raquel Lorenzo Alonso e Sabela Freixeiro Ayo, que estarán presentes nun acto, para o recoñecemento aos mellores estudantes de Galicia o día 30 de xuño ás 18 horas no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, tal como informan dende o centro, adiantando que “posiblemente teñamos unha cuarta excelencia pois fáltanlle unhas décimas a un alumno que está en proceso de reclamación”.

Artigos relacionados

Back to top button