CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do IES Martaguisela premiados nas xornadas micolóxicas do Bierzo

Co traballo “Cami-setas” os rapaces de 2º da ESO fixéronse co 1º premio na súa categoría
Os alumnos premiados do IES Martaguisela.
Os alumnos premiados do IES Martaguisela.

Un grupo de alumnos de 2º da ESO do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras foi galardoado co primeiro premio na sua categoría (1º ciclo da ESO) no concurso das XXI Jornadas Micológicas de El Bierzo organizadas pola Asociación Micológica Berciana Cantharellus.

Durante tres días, a Casa da Cultura de Ponferrada acolleu unha grande exposición integrada por traballos relacionados cos cogumelos de escolares de 17 centros das comarcas do Bierzo, Laciana e Valdeorras. Entre eles estaba a proposta “Cami-setas” dos alumnos do Barco coordinados pola profesora de bioloxía do IES Martaguisela, Belén Vázquez Cordeiro. Ela mesma explica que o ano pasado outro grupo do centro conseguía o segundo premio e este ano superáronse e levaron o primeiro cun traballo que presentaron como se fose unha tenda, con diferentes camisetas centradas nas setas colgadas en perchas. “A idea é orixinal e parece que gustou”, di Belén, destacando que o importante desta iniciativa é que os rapaces traballan en grupo contando coa implicación das familias xa que levaban co proxecto dende comezo de curso, tendo como recompensa o recoñecemento da asociación.

 

Os alumnos de 2º da ESO co traballo gañador, na exposición na Casa da Cultura de Ponferrada.
Os alumnos de 2º da ESO co traballo gañador, na exposición na Casa da Cultura de Ponferrada.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button