Álvaro Fernández, alcalde da Rúa, candidato a deputado do PP por Valdeorras

O PP de Ourense vén de presentar ante as xuntas electorais de zona ás candidaturas á deputados provinciais. Entre as novas incorporacións tamén figura a barquense Luz Doporto por Allariz

Álvaro Fernández./ Foto: O SIL.

Nas sete xuntas electorais da provincia de Ourense o PP vén de presentar aos doce candidatos que integrarán o grupo provincial popular na Deputación, correspondendo seis dos nomes propostos á xunta electoral de zona de Ourense e o resto ás xuntas do Carballiño, Bande, Ribadavia, Trives, Valdeorras e Verín.

Desde mañá mércores e ata o venres, os preto de cincocentos concelleiros do PP ourensán (476) poderán emitir o seu voto nas súas respectivas xuntas de zona para elixir aos deputados provinciais, cuxas candidaturas inclúen tres nomes máis en calidade de suplentes. As candidaturas propostas inclúen catro novos nomes, o que supón unha renovación do 33 % no grupo popular, a mesma porcentaxe na representación de mulleres.

O presidente provincial do PP, e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar afirmou sentirse “extraordinariamente satisfeito” polos candidatos que conformarán o grupo provincial popular, “onde se mestura a experiencia con novas incorporacións” como é o caso da barquense Luz Doporto (Allariz), “César Fernández (Ribadavia), Patricia Torres (Boborás) e Álvaro Fernández (A Rúa)”.

Nestes próximos catro anos, apuntou Manuel Baltar, serán moitos os retos que haberá que afrontar “como a chegada da alta velocidade, o centenario da revista Nós, a apertura do Centro Galego de Formación Profesional, o edificio intelixente de Abanca, as novas instalacións da Deputación no edificio de Correos e plans sobre o reto demográfico ou turismo intelixente”.

A relación de candidatos e suplentes por cada unha das sete xuntas é a que segue:

XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE OURENSE

1. José Manuel Baltar Blanco (Esgos)
2. Rosendo Luis Fernández Fernández (A Merca)
3. Jorge Pumar Tesouro (Ourense)
4. Pablo Pérez Pérez (Quintela de Leirado)
5. María Consuelo Vispo Seara (Barbadás)
6. Luz Doporto Real (Allariz)

Suplentes
1.Susana Vázquez Dorado (Porqueira)
2.José Manuel Fernández Gómez (Paderne de Allariz)
3.Manuel Pedro Fernández Moreiras (San Cibrao das Viñas)

XUNTA ELECTORAL DE ZONA DO CARBALLIÑO
Ana Particia Torres Madureira (Boborás)

Suplentes
1. Manuel Padro López (Beariz)
2. José Luis Valladares Fernández (San Cristovo de Cea)
3. José Luis González Rodríguez (Piñor)

Xunta electoral de zona de Bande
Plácido Álvarez Dobaño (Muíños)

Suplentes
1. María del Carmen Yáñez Salgado (Lobios)
2. José Antonio Armada Pérez (Bande)
3. Manuel Pérez Pereira (Padrenda)

XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE RIBADAVIA
César Manuel Fernández Gil (Ribadavia)

Suplentes
1. Rodrigo Aparicio Santamaría (Arnoia)
2. Antonio Montero Fernández (Avión)
3. María Cristina Francisco Vílchez (Melón)

XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE TRIVES
Miguel Antonio Cid Álvarez (A Teixeira)

Suplentes
1. Melisa Macía Domínguez (Vilariño de Conso)
2. Manuel Corzo Macías (O Bolo)
3. Francisco Rodríguez Rodríguez (Chandrexa de Queixa)

XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE VALDEORRAS
Álvaro José Fernández López (A Rúa)

Suplentes
1. Juan Anta Rodríguez (A Veiga)
2. María del Carmen González Quintela (Carballeda de Valdeorras)
3. Elías Rodríguez Núñez (Rubiá)

XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE VERÍN
Ana María Villarino Pardo

Suplentes
1. Luciano Rivero Cuquejo (Cualedro)
2. Francisco Armando Veiga Romero (Riós)
3. Manuel Cardoso Pérez (Vilardevós)

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies