En portadaÚltima horaXIX Feira do Viño de Valdeorras

Álvaro Pino, pregoeiro da XIX Feira do Viño de Valdeorras

O acto inaugural do certame, que terá como escenario a praza de Viloira (O Barco), será ás 12:30h. do 16 de xullo
O ex ciclista profesional Álvaro Pino, será o pregoeiro da XIX Feira do Viño de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
O ex ciclista profesional Álvaro Pino, será o pregoeiro da XIX Feira do Viño de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

Coa lectura do pregón, no mediodía do 16 de xullo porase en marcha na praza de Viloira (O Barco), a XIX Feira do Viño de Valdeorras. O pregoeiro desta edición será o ex ciclista profesional Álvaro Pino, natural do municipio pontevedrés de Ponteareas. A lectura do pregón terá lugar o vindeiro sábado 16 de xullo.

Álvaro Pino foi seleccionado como pregoeiro cando se cumpren 30 anos da súa vitoria na Volta a España, na que superou a figuras de primeiro nivel como Laurent Fignon, Robert Millar, Sean Kelly ou Perico Delgado, tal e como explican dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

“Álvaro Pino é unha figura emblemática do deporte galego e encarna valores de superación, traballo en equipo, solidariedade e sacrificio, que é preciso reivindicar na sociedade actual”, asegura o presidente do consello valdeorrés, Francisco García, quen ademais lembra que neste 2016 a Volta Ciclista a España dará comezo na provincia de Ourense e discorrerá “en territorio galego durante sete etapas (catro na nosa provincia), máis que en ningunha outra edición”.

Nesta edición da feira poderán degustarse os caldos de 18 adegas amparadas pola Denominación de Orixe Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button