EconomíaEconomíaÚltima hora

Amarelante Cooperativa de Manzaneda e o GDR Ribeira Sacra-Courel recollen os seus premios Agader

Figuran entre os oito proxectos premiados nesta edición, cada un dos cales recibirá 10.000 euros para investir na propia iniciativa ganadora

Nesta mañá tiña lugar o acto de entrega de premios ás iniciativas de desenvolvemento rural galardoadas na 10 edición dos Premios Agader: 8 proxectos seleccionados que poñen de manifesto que se pode vivir tamén nos pobos e vilas; que quedarse no rural pode ser unha oportunidade; e que o rural galego desempeña un papel moi importante no progreso da comunidade.

Entre eles figuraba, o galardón que recoñecía o destacado labor na recuperación de soutos abandonados en Manzaneda para o aproveitamento comercial de castañas frescas, secas e fariña de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, que demostra como é posible darlle unha segunda vida ás terras en desuso para conseguir un rural máis rendible e máis dinámico.

No eido do turismo, o proxecto do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel que deu lugar ao Xeoparque Mundial Montañas de Courel (Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Coure) “proba que é posible e rendible deseñar un proxecto de desenvolvemento territorial baseado en novas formas de turismo, neste caso no xeoturismo, para conseguir unha Galicia máis innovadora e máis verde”, en palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez, que presidía o acto.

Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural, José González, salientou ademais que cada un dos oito proxectos galardoados recibirá 10.000 euros para investir na propia iniciativa gañadora, co obxectivo de realizar melloras, apostar pola conservación ou executar accións complementarias.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close