DeportesÚltima hora

Ambiente moteiro por Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel

Máis de 250 inscritos na I concentración mototurística “A Curuxa”
Membros da organización da concentración moteira.
Membros da organización da concentración moteira.

Os concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, eran escenario da I concentración mototurística “A Curuxa” que se celebraba a última fin de semana do mes de agosto. Unha concentración que segundo a organización “en apenas un par de horas xa superara o límite de inscritos” reunindo a un total de 260 moteiros de 22 motoclubs de diferentes puntos da xeografía española (País Vasco, Cataluña, Madrid, Extremadura, Andalucía, Asturias, Castela-León, Castela A Mancha, A Rioxa e Galicia).

Ao longo de tres días (29, 30 e 31 de agosto) os afeccionados ás motos puderon disfrutar dunha proposta que unía natureza, tradición e cultura da zona na que era “unha aposta persoal dun colectivo de xoves que xusto estes días cumpre o seu primeiro aniversario” explican dende o motoclub “A Curuxa”.

O programa comezaba xa o venres coa ruta das bengalas que levaría aos participantes polas rúas de Quiroga e San Clodio, con pinchada incluída.

O sábado, a ruta da mañá centrou as actividades moteiras na Serra do Courel. Xa pola tarde, a actividade concentrábase na rúa principal de Quiroga onde máis de 500 motos (segundo fontes da Polícia Local) enchían a zona para disfrutar dun día soleado e a exhibición de Arrepiado Team. A xornada completábase coa ruta de pinchos, e o concerto do grupo Be Rock liderado por Beatriz Rico e Gustavo Martín.

Ruta pola Serra do Courel.
Ruta pola Serra do Courel.
Un dos momentos da exhibición de Arrepiado Team.
Un dos momentos da exhibición de Arrepiado Team.

O domingo, trala alborada moteira polas rúas de Quiroga, co acompañamento musical da agrupacion O Recanto, a concentración clausurábase co sorteo de produtos artesanais da zona e accesorios.

Así pois, cun gran éxito de participación “a organización pechou esta primeira edición con ganas de afianzarse no 2015 e ofertar máis actividades para dar a coñecer a comarca e situala no mapa moteiro”.

Fotos: Motoclub “A Curuxa”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button