Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Amencer organiza un curso de monitores de tempo libre

O curso desenvolverase en fins de semana, pontes e festivos dos meses de novembro e decembro

Como todos os anos por estas datas, a Asociación Xuvenil Amencer organiza un curso de monitores de tempo libre en colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco de Galicia, co que se poderá conseguir a titulación oficial expedida pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta.

Tal como explican dende a asociación, o curso está orientado para as persoas interesadas no mundo da educación dende o tempo libre, membros de asociacións, voluntarios, monitores de campamentos, etc cun número de prazas limitado a 25 por curso que se realiza nos locais do colectivo (baixos do colexio salesiano).

Levarase a cabo en fins de semana, en pontes e vacacións escolares, en novembro os días 5, 6, 11, 12, 13, 19, 20, 26 e 27; e en decembro os días 3, 4, 6, 8, 10, 11, 26, 27, 28, 29 e 30. O deste ano comezou o pasado sábado día 5 con 17 participantes, pero a inscrición aínda está aberta.

Para máis información: www.amencer.org

Artigos relacionados

Back to top button