OurenseÚltima hora

Amencer organiza unha batalla pola conquista do mundo na Praza Maior

A Asociación Xuvenil Amencer festexou no día de hoxe, 18 de marzo, o seu 30 aniversario. A entidade tomou a Praza Maior de Ourense para organizar o un grande xogo, “O Risk de Amencer”. A partires das 11:00 horas, o centro da capital converteuse nun auténtico campo de batalla no que os rapaces dos grupos de tempo libre de Amencer (Saltimbanquis, Andaina, ADS e Apoio educativo), ademais de outros moitos rapaces que pasaron pola praza que se sumaron, loitaban por conquistar o mundo.

A dinámica do xogo, explicou un dos voluntarios da asociación, Manuel Seguín, consistía en que os participantes, divididos en equipos, farían un xogo de estratexia ao redor do mundo pero, en no canto de conquistar países, “teñen que conquistar os diferentes proxectos ou actividades da historia de Amencer”, resaltou Seguín.

Entre os actos inaugurais previstos para hoxe, tamén hai unha mesa redonda pola tarde, cara ás 17:30 horas, baixo o título “trinta e tres”, na que diferentes representantes dos ámbitos do deporte, voluntariado etc. exporán o que aporta a Asociación Xuvenil en cada ámbito e rematarán cun acto inaugural no que desenvolverán diversas actividades.

A xornada concluirá cunha “cea das lembranzas”, que ten como obxectivo a confraternización de toda a xente que formou parte de Amencer.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button