OurenseÚltima hora

Amigos da República celebra este venres a súa xuntanza conmemorativa anual

Programan unha conferencia no Centro Cultural Marcos Valcárcel e unha cea de confraternización no Liceo
Cartaz da xuntanza da Asociación Amigos da República, de Ourense.
Cartaz da xuntanza da Asociación Amigos da República, de Ourense.

A Asociación Amigos da República, de Ourense, programa para este venres a súa xuntanza anual que conmemora o réxime político español dos anos 1931-1939. As actividades iniciaranse ás 20.00 horas cunha conferencia impartida polo investigador e membro do colectivo, David Simón, no Centro Cultural Marcos Valcárcel e continuarán cunha cea de confraternización no Liceo da cidade.

Máis polo miúdo, o colectivo informa que Simón será o encargado de dar o pistoletazo de saída á Festa da República deste ano coa charla “Da Praza Maior de Ourense ao campo de concentración nazi de Drancy (París) e ao exilio: Os dentistas Dainow Dicker e familia”. Será no Centro Cultural Marcos Valcárcel e servirá de preámbulo para a cea conmemorativa, prevista para as 22.15 horas no Liceo de Ourense. O menú terá un custe de 20 euros.

A programación clausúrase este domingo cunha ofrenda floral que terá lugar no cemiterio de San Francisco, ante o monumento en homenaxe aso asasinados. Este acto está previsto que se celebre ás 12.00 horas.

Artigos relacionados

Back to top button