OurenseSen categorizarÚltima hora

Amigos da Terra convoca unha manifestación en contra do acordo comercial entre Canadá e a UE

A marcha sairá mañá, ás 12:00 horas, dende a Subdelegación do Goberno e rematará na Praza Maior
O membro da campaña, Luis Rico, anunciou a convocatoria da manfiestación. 

Mañá á mañá, a campaña “Non ao TTIP”, da que forma parte Amigos da Terra, convocou mobilizacións contra o Acordo Comercial e de Investimento entre a UE e Canadá(CETA) xunto a outras organizacións sociais e políticas europeas no Día de Acción Global para demandar ao Parlamento Europeo que vote “non” ao acordo comercial. A organización asegura que en España sumáronse máis de 20 cidades a esta convocatoria.

Os colectivos maniféstanse para solicitar que os parlamentarios europeos non voten no pleno de Estrasburgo a ratificación do CETA o próximo 14 de febreiro. O membro da campaña, Luis Rico, declarou o seguinte ao respecto: “O movemento europeo contra os acordos comerciais como TTIP e CETA conseguiu pór contra as cordas as negociacións comerciais da UE”. Este responsable asegurou que “a sociedade está a rebelarse contra o contido destes acordos, que están pensados unicamente para incrementar o fluxo de investimentos, o comercio e o poder das grandes empresas”.

Por todos estes motivos mañá, a partir das 12:00 horas, a cabeceira da manifestación sairá dende a Subdelegación do Goberno de Ourense e rematará na Praza Maior.

Artigos relacionados

Back to top button