En portadaÚltima hora

Ampliación do peche da hostalaría ata as 21h. a partir do 19 de marzo en boa parte de Galicia

As novas medidas establécense en función de catro niveis de incidencia a 14 días nos que se sitúan os concellos, segundo anunciaba o presidente da Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez, durante a súa intervención.

 

Será unha “apertura cautelosa, seguimos dando pasos, pero con prudencia”. Así se refería o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, as medidas decididas na última reunión do Comité Clínico de expertos que fai seguemento da pandemia do Covid-19 en Galicia e que entrarán en vigor ás 00h. do venres 19 de marzo.

Feijóo establecía esas medidas en función de “4 niveis de futura incidencia”. Así, non haberá cambios nos concellos que estarán no nivel máximo de restricións (Vilardevós, Paradela e Maside): hostalería pechada, prohibidas reunións con non conviventes, prohibida a mobilidade salvo causas xustificadas.

Nun segundo nivel (250-500 casos de incidencia acumulada a 14 días por 100.000 habitantes) a hostalería só poderá abrir en terrazas, ampliación de horario ata as 21,00 horas. O aforo mantense sen cambios ao 50%. Será o caso da Mezquita e Boborás.

Xa, nun terceiro nivel (150-150 de incidencia acumulada) sitúanse 14 municipios, nos que o aforo será do 30% en interior e 50% en exterior. O horario de peche amplíase ás 21,00 horas. No caso da provincia de Ourense estas medidas afectan a Coles.

Finalmente, nun cuarto nivel (inferior a 150) entrarán 290 concellos galegos. Nel o aforo no interior amplíase ao 50%, en exterior ao 75%, e amplíase o horario de peche ás 21,00 horas.

 

Concellos do cuarto nivel./ Fonte: Xunta de Galicia

 

Ademais, estas medidas serán revisadas durante os días da Semana Santa, “seguramente se celebrará unha reunión o día 29 ou 30 de marzo, onde terá lugar unha nova reunión do Comité Clínico para tomar decisións”.

Os concellos con incidenciade máis de 500 quedan perimetros e os de menos de 500 terán mobilidade entre si, “sen límites de mobilidade por entender que a situación da comunidade autónoma de forma global é positiva”, matizaba Feijóo.

Ademais o toque de queda mantense ás 22h. e non están permitidas as reunións en domicilios de persoas non conviventes. Galicia continuará pechada perimetralmente. Nos concellos nos que se permiten as reunións de non conviventes estas serán dun máximo de 6 persoas no exterior e de 4 persoas en interiores.

Artigos relacionados

Back to top button