CulturaCulturaÚltima hora

Amplíanse os prazos da segunda edición de “O teu Xacobeo”

Os proxectos que forman parte desta convocatoria poderán ser executados ata o 30 de setembro de 2021

 

A Xunta de Galicia amplía os prazos da segunda edición de O teu Xacobeo que empezará a executarse cando remate a primeira convocatoria, en outubro deste mesmo ano, e chegará ata o outono de 2021. Así, facilitarase a posta en marcha dos proxectos que se presentaron a esta segunda edición para que se poidan desenvolver con normalidade e cumprindo coas indicacións sanitarias.

Concretamente, tal e como se publica este mércores no Diario Oficial de Galicia os proxectos que forman parte desta nova edición poderán ser executados ata o 30 de setembro de 2021. Trátase de proxectos que se dividen en tres liñas de axuda e que abranguen cinco ámbitos de actuación: o artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, deporte e ámbito social.

Esta nova convocatoria, actualmente en fase de resolución, viuse afectada pola suspensión de prazos derivada do estado de alarma decretado a raíz da crise sanitaria. A Administración autonómica reactivou xa o proceso administrativo mantendo a dotación económica de 3,3 millóns de euros, que permitirán seguir implicando e fomentando a participación da sociedade civil no próximo Xacobeo 2021.

A Xunta indica que os proxectos incluídos na primeira edición de O teu Xacobeo que se viron afectados pola crise do coronavirus e que, polo tanto, non se puideron desenvolver con normalidade, tamén contarán con facilidades para ser reprogramados e non ter que interromper a súa actividade. Neste sentido, o DOG publicou o pasado mes de maio que os beneficiaros da primeira convocatoria poderán desenvolver os seus proxectos ata o 31 de outubro deste mesmo ano.

O anuncio do DOG pode consultarse aquí:

AnuncioG0256-040620-0001_gl

 

Artigos relacionados

Back to top button