ConcellosÚltima hora

Amplíase a prórroga da validez da ITV aos vehículos aos que lles caduque no estado de alarma

Así se recolle nunha orde do Ministerio de Sanidade publicada este sábado no BOE

 

Neste sábado 16 de maio o Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de publicar unha orde do Ministerio de Sanidade, que entra en vigor este mesmo sábado, e que amplía a prórroga da validez del certificado de inspección técnica (ITV) dos vehículos cuxa data de inspección estea comprendida durante o estado de alarma en 15 días naturais por cada semana transcorrida dende o inicio dese período ata que se produza o vencemento do certificado.

“Co obxectivo de posibilitar a realización do elevado número de inspeccións técnicas periódicas de vehículos que quedaron pendentes tras a declaración do estado de alarma, de forma que poidan compatibilizarse coa execución das inspeccións técnicas de vehículos cuxa validez expira nos próximos meses, resulta necesario ampliar de modo escalonado a prórroga automática establecida na Orden SND/325/2020, de 6 de abril, e adoptar medidas en relación coa cumplimentación das tarxetas ITV”, segundo a orde.

A Orde SND/325/2020 do 6 de abril prorrogaba os certificados ata os 30 días naturais posteriores á finalización do estado de alarma e as súas posibles prórrogas.

Agora, segundo establecido pola nova orde de Sanidad, os períodos para pasar a ITV serán escalonados e se fixaranse segundo as datas a continuación detalladas:

 

 

“Os anteriores períodos non se aplicarán á  validez dos certificados de inspección técnica periódica dos vehículos agrícolas destinados a labores no campo, que será prorrogada ata o 10 de noviembre de 2020”, segundo a citada orde de Sanidade.

Así mesmo, a orde  recolle que unha vez realizadas as inspeccións técnicas periódicas dos vehículos cuxos certificados teñan sido obxecto de prórroga automática, tomarase “como referencia a data de validez que conste na tarxeta ITV e non computará, en ningún caso, a prórroga dos certificados concedida como consecuencia da declaración do estado de alarma e das súas sucesivas prórrogas”.

A orde pode consultarse aquí:

BOE-A-2020-5081

Artigos relacionados

Back to top button