Publicidade
PolíticaÚltima hora

Amplíase ata o 10 de xullo o prazo para votar por correo nas eleccións galegas

Exterior dunha das oficinas de Correos.

 

A Xunta Electoral Central vén de ampliar o prazo para depositar o voto por correo nas vindeiras eleccións galegas ata o vernes 10 de xullo, ás 14 horas.

“A Xunta Electoral Central  tomou esta decisión a petición de Correos. Este prazo finalizaba inicialmente o día 8 xullo, pero coa decisión de ampliación adoptada, os cidadáns que soliciten exercer o seu dereito ao voto por correspondencia para as eleccións que se celebrarán o 12 de xullo, disporán de máis tiempo para depositar o seu voto”, tal e como informa Correos.

Ademais, Correos deberá asegurar a entrega dos citados sobres con votos nas respectivas mesas electorais na xornada electoral, o domingo, 12 de xullo, dentro dos prazos legalmente establecidos, tal e como indica esta mesma entidade.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close