CulturaCulturaÚltima hora

Amplíase ata o 30 de setembro o prazo do “I Premio de Novela da Galicia Rural”

O premio deste galardón, promovido polo Concello de Río, está dotado con 1.000 euros máis a edición da obra

 

A finais do pasado mes de xaneiro o Concello de San Xoán de Río (co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e coa colaboración da Editorial Galaxia) convocaba o “I Premio de Novela da Galicia Rural” para o ano 2020, cun premio de 1.000 euros, máis a edición da obra.

Tendo en conta a situación de crise vivida nos últimos meses, o Concello de Río decidía ampliar ata o outono o prazo de presentación de orixinais, fronte á data límite do 30 de xuño que figuraba inicialmente nas bases.

“Con motivo das excepcionais circunstancias que estamos vivindo polo Covid-19, a organización do I Premio de Novela da Galicia Rural acordou prolongar a recepción de orixinais ata o vindeiro 30 de setembro de 2020 para facilitarlles ás autoras e autores interesados que poidan chegar a tempo á convocatoria. Desta forma modifícase o punto número 4 as bases anteriormente publicadas. O ditame do xurado farase público no mes de decembro”, tal e como informa o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button
Close