CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima hora

Ana Belén Barrio do IES Lauro Olmo do Barco, premio extraordinario de FP de Galicia

A estudante barquense é a única da provincia de Ourense na lista de galardoados
Fachada do IES Lauro Olmo do Barco.

Os alumnos do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras non deixan de dar alegrías. Menos dun mes despois de que cinco dos seus estudantes conseguiran a excelencia académica na ABAU 2017, o Diario Oficial de Galicia de 4 de xullo de 2017 publicaba a lista de galardoados co premio extraordinario de Formación Profesional de Grao Superior de Galicia no curso 2015/16.

A única da provincia de Ourense na relación de premiados é a estudante barquense Ana Belén Barrio Carracedo, estudante de Administración e Xestión.

Artigos relacionados

Back to top button