CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Ana Belén Barrio (IES Lauro Olmo), unha das galardoadas cos premios extraordinarios de FP

Os premios eran entregados nun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entregando un dos galardóns.

O Salón de Convencións do CINC, na Cidade da Cultura de Galicia, acollía o 16 de marzo a entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato (curso 2016/17), de Formación Profesional de grao superior(curso 2015/16) e de ensinanzas artísticas profesionais de Música, Danza e Artes Plásticas e Deseño (curso 2016/17), da man do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.

Do total de 48 alumnos galardoados seis fórono na categoría de ensinanzas artísticas profesionais de Música, Danza e Artes Plásticas e Deseño, 20 de Bacharelato e 22 en FP. Nesta categoría, unha das tituladas premiadas foi Ana Belén Barrio Carracedo (Administración e xestión, IES Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras).

Artigos relacionados

Back to top button