PolíticaÚltima hora

Ana M. Rodríguez, candidata socialista á alcaldía de Maceda

Lidera unha candidatura renovada nun 50% con respecto ás pasadas eleccións municipais
Membros da candidatura coa que o partido socialista se presentará ás eleccións municipais en Maceda.
Membros da candidatura coa que o partido socialista se presentará ás eleccións municipais en Maceda.

A lista coa que o PSdG-PSOE concurrirá ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio en Maceda decidíase na tarde do 8 de febreiro. A Agrupación Municipal Socialista desta localidade ourensá celebraba unha asemblea extraordinaria na que a proposta de candidatura para estes comicios da executiva local resultaba ratificada por unanimidade polos militantes así como polos simpatizantes asistentes.

A actual concelleira Ana María Rodríguez Blanco encabeza unha lista de “alternancia muller-home, na que se incorporan 2 membros de Xuventudes socialistas e 4 mulleres. Trátase de unha candidatura renovada nun 50%, representante da unión interxeracional da agrupación. Homes e mulleres con formación e ilusión”, segundo se informa dende a agrupación socialista de Maceda.

O labor máis inmediado dos membros desta candidatura será, segundo adiantan, recoller de veciños/as as súas propostas. “O obxectivo, a confianza para mellorar o benestar e progreso da maioría da veciñanza de Maceda. Confianza que baseamos no rexeitamento do uso do Concello para promoción persoal, de interese privada, e na defensa da transparencia e desenvolvemento dos servizos sociais e de dinamización económica”, sinala a candidata á alcaldía, Ana María Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button