OurenseÚltima hora

Ana Pastor reúnese co novo alcalde de Ourense

A ministra de Fomento visitaba a cidade das Burgas o 20 de xuño
O alcalde de Ourense, saudando á ministra de Fomento na súa viaxe a cidade o 20 de xuño, en presenza do subdelegado do Goberno e do deputado Celso Delgado.
O alcalde de Ourense, saudando á ministra de Fomento na súa viaxe a cidade o 20 de xuño, en presenza do subdelegado do Goberno e do deputado Celso Delgado.

A integración ferroviaria, a circunvalación norte ou bulevar termal son algúns dos asuntos abordados na visita que realizaba a ministra de Fomento, Ana Pastor, na xornada do 20 de xuño á cidade de Ourense e na que se reunía co seu novo rexidor, Xesús Vázquez.

Sobre a integración ferroviaria, ambos adiantaban ao termo da reunión, a próxima constitución dun grupo de traballo no que participarán o Concello de Ourense, o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e a Deputación para pechar o proxecto definitivo. En relación coa circunvalación norte, indicábase que se está a rematar a redacción do proxecto do primeiro tramo, coa previsión de que poda ser licitado polo Ministerio o próximo ano. A execución deste proxecto permitiría acometer tamén a construción do bulevar termal.

O alcalde ourensán e a ministra de Fomento manterán unha xuntanza en Madrid o próximo mes de xullo para avanzar nestes e outros proxectos a desenvolver na cidade.

Artigos relacionados

Back to top button