ConcellosEconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Ana Santiso, ganadora do concurso de carteis da XXXVIII Feira do Viño de Amandi

Concedeuse ademais un accésit como finalistas aos carteis de Edith Nieves Sánchez da Estación (A Pobra de Brollón) e Clara Romero Aguado, de Barcelona
Os membros do xurado durante a reunión./ Foto: Concello de Sober.

O xurado do certame da XXXVIII Feira do Viño de Amandi (Sober) vén de facer público o seu fallo. Por unanimidade elixía como traballo gañador desta edición do concurso o presentado por Ana Santiso Vilar, veciña de Sistindomato, na parroquia soberina de Canabal.

O xurado destacou o alto nivel dos 28 orixinais presentados, chegados de diferentes puntos do Estado. En concreto, recibíronse carteis de Cataluña, País Vasco, Madrid, Valencia, Asturias, Andalucía, Castela León e Castela a Mancha, Estremadura, A Rioxa e Galicia; de onde proceden a maioría dos participantes.

O xurado estivo formado por Humberto Loureiro Argullos, Fernando Vázquez González e Alejandro José Ciurluini. Tamén acordou conceder un accésit como finalistas aos carteis de Edith Nieves Sánchez, da Estación (A Pobra de Brollón), e de Clara Romero Aguado, de Barcelona.

 

Outra imaxe do momento da elección do cartel ganador./ Foto: Concello de Sober.

A ganadora recibirá un premio en metálico de 600 euros. Os accésit contarán con 100 euros e cun diploma e cun lugar destacado na exposición que se faga con todos os traballos presentados.

O cartel ganador farase público o sábado día 24 de febreiro no miradoiro de Cadeiras. Celebrarase un acto ao que se asistirán os adegueiros e no que se darán a coñecer os actos que formarán parte do ‘Mes do Amandi’ e a programación da XXXVIII Feira do Viño de Amandi que este ano se celebra os días 24 e 25 de marzo.

Artigos relacionados

Back to top button