ConcellosÚltima hora

Análise sensorial e cata dos seis aceites da XVIII Mostra de Quiroga

O grupo de catadores, formado por membros de AMIAGUIGAL, destaca que “estes aceites manifestan unha personalidade singular propia”
Un dos momentos da sesión de análise sensorial e cata dos aceites que poderán catarse e mercarse na Mostra de Quiroga o vindeiro 20 de maio./ Foto cedida por AMIAQUIGAL.

O programa da XVIII Mostra do Aceite de Quiroga iniciábase na tarde do 11 de maio coa cata dos seis aceites inscritos nesta edición, prevista para o 20 de maio no Muíño de Bendilló. Esta valoración sensorial e cata, realizada por membros do grupo independente de análise organoléptico desta vila lucense (e actualmente membros da Sociedade de Amigos dos aceites de Quiroga e Gallaecia, AMIAQUIGAL), desenvolvíase nas dependencias do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga.

“Sen perxuízo e con independencia dos resultados analíticos aos que non se accedeu para esta sesión de análise, este grupo en base ás mostras analizadas conclúe que os aceites concurrentes, cunha mediana 0, non presentan ningún defecto que os faga excluíntes do evento. Presentan en cambio valores de froitado, olor das olivas das que proceden, con intensidade moderada, correspondendo a estados de maduración temperás e as intensidades de amargos de baixas a moderadas e de picantes de moderadas a altas”, tal e como indica José Espinosa, un dos membros do panel da cata.

 

Esta cata, coa que se abre o programa da Mostra do Aceite de Quiroga, tiña lugar no Museo Etnográfico desta vila./ Foto cedida por AMIAQUIGAL.

Ademais sinala que estes aceites posúen uns niveis de “astrixencia de baixos a moderados. As mostras analizadas presentan notas de froitas verdes, maduras, doces ou froitos secos percibidas con diferentes intensidades, sendo a astrinxencia de baixa a moderada e a sensación de tomateira de intensidade moderada, notas comúns a todos eles”.

Con respecto á puntuación, Espinosa indica que a “mediana da aceptación dos aceites analizados, expresada como nota global, dá un nivel alto. Cabe sinalar que, a pesar das adversas condicións meteorolóxicas da campaña obxecto de análise, os resultados foron máis altos do esperado, o que pon de manifesto a capacidade das oliveiras de Quiroga para manter o carácter picante que lle permite conservar a salubridade do froito e do aceite, e manifestar os caracteres de froitado e astrinxencia coas notas que inducindo as sensacións descritas como reflexo da terra e do clima da comarca, característicos, fan que estes aceites manifesten unha personalidade singular propia”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close