CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Anaral celebrará o acto central das Letras Galegas o 15 de maio

Con diferentes iniciativas está a conmemorar a Federación de Asociacións de Mulleres Anaral as Letras Galegas. Entre elas figura a realización  dun photocall de Carlos Casares formado por murais que cada centro e a Federación elaboraron.

Estes murais xuntáronse para crear un photocall que estivo rotando polos centros e asociación ata o día 15 de maio. Será precisamente nesa xornada, a do luns día 15, cando Anaral celebrará o acto central do Día das Letras Galegas na Pobra de Trives ás 11:30 da mañá. Esta celebración culminará cunha ofrenda no monólito de Carlos Casares nesta vila.

Tamén se fará entrega dos premios ás gañadoras do I Certame de relatos curtos en galego no que participaron 15 persoas.

Nesta galería de fotos poden verse diversas imaxes dos murais.

Fotos: Anaral.

Artigos relacionados

Back to top button