OurenseÚltima hora

Andaina canina “por unha convivencia responsable” polo paseo do Miño, en Ourense

A actividade estivo organizada pola Asociación de Mascotas Ourensás

 

Da man da Asociación de Mascotas Ourensás e tal como estaba previsto, na mañá do domingo 20 de outubro celebrábase polo paseo do Miño, na cidade das Burgas, unha andaina “pola convivencia responsable cos nosos cans”.

A saída tiña lugar en torno ás 10 horas dende o parque de Salesianos, rematando xunto ao hórreo na zona da Ponte. Case 10 quilómetros dun saudable paseo que os participantes e os seus cans percorreron nunha agradable aínda que fresca e húmida xornada.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button