ConcellosÚltima hora

“Andaina contra a violencia de xénero”, polo Camiño de Inverno en Valdeorras, o 13 de novembro

 

O vindeiro sábado 13 de novembro os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia organizará unha Andaina Popular contra a Violencia de Xénero, no territorio dos 24 grupos existentes na comunidade. “No territorio da Asociación GDR Valdeorras (que inclúe aos 9 concellos da comarca) escollemos un percorrido de 5,5 km adecuado para todos os públicos pertencente o Camiño de Inverno, que dará comezo desde a Igrexa Virxe da Estrela de Pumares (Carballeda de Valdeorras) ata fronte o Centro Social de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).
Camiñaremos todos baixo o mesmo lema “O rural contra a violencia de xénero”, segundo se informa dende o GDR Valdeorras.

A organización disporá dun servizo de microbús (previa inscrición) que partirá de A Rúa con parada en Vilamartín e O Barco.
09:30 h Parada na estación de Autobuses en A Rúa.
09:50 h Parada no Antigo Bar Marbella en Vilamartín.
10:10 h Parada fronte Estación de Autobuses en O Barco.

O programa da actividade será o seguinte:
10:30 h Encontro en Pumares fronte a Fonte, para entrega de agasallo e sinatura de documento responsabilidade COVID-19.
11:00 h Saída desde a Igrexa Virxe da Estrela.
13:00 h Lectura do manifesto conxunto en contra da violencia de xénero, fronte o Centro Social de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e Videoconferencia cos participantes de tódalas andainas organizadas polos GDR de Galicia, con posterior degustación de produtos da comarca e photocall con fotógrafo.

As inscricións son de balde e as persoas interesadas en acudir deberán realizalas a través dos seguintes medios:
Gdr7valdeorras@gmail.com
Telfs. 988 197 278 / 690 197 278

Artigos relacionados

Back to top button