DeportesÚltima hora

Andaina de case 20 quilómetros pola “Ruta dos Carros” en Verín

Os participantes nesta ruta, no inicio da andaina./ Foto: Carlos Montero.
Os participantes nesta ruta, no inicio da andaina./ Foto: Carlos Montero.

As condicións meteorolóxicas non impedían que unhas 350 persoas se sumasen á andaina “Ruta dos Carros. Subida ó Pozo do Demo”, que promovía o Concello de Verín e a Asociación de sendeirismo Ruta das Augas (co apoio de diversos colaboradores) o 3 de abril.

Nesta ruta, cunha distancia de 19,800 metros, percorríase a chamada “Ruta dos Carros”, unha antiga vía que conectaba o núcleo de Cabreiroá (Verín) co de A Veiga das Meás (Vilardevós), rehabilitada polos alumnos/as dos módulos de xardinería e carpintería dos obradoiros de emprego “Pozo do Demo”. Os participantes recibían avituallamento e pinchos.

Artigos relacionados

Back to top button