ConcellosÚltima hora

Andaina de Tapóns de Valde no Barco

Esta camiñata, con fins benéficos, terá lugar o vindeiro 20 de xullo e partirá da praza barquense de San Mauro
Detalle do cartaz desta andaina solidaria.
Detalle do cartaz desta andaina solidaria.

Baixo o lema “Todos camiñamos con Sheila” desenvolverase o vindeiro 20 de xullo unha andaina solidaria de apoio a esta nena valdeorresa. Terá como punto de partida a praza barquense de San Mauro a partires das 9:30h. O custe da inscrición será de 3 euros, pero no caso dos menores de cinco anos será gratuíta. Ao longo do percorrido, segundo se anuncia no seu cartaz, haberá sorpresas para os participantes máis pequenos.

Esta actividade benéfica enmárcase na campaña de actos que está a desenvolver a entidade Tapóns de Valde para recaudar fondos co fin de poder mercarlle un andador (o NF Walker) a Sheila, unha nena do Barco que sufre unha parálese cerebral.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button