ConcellosÚltima hora

Andaina de Trives a San Xoán de Río, o 28 de novembro

Será promovida polo Club Montaña Trives e cubrirá unha distancia de 13,5 km
Cartaz da andaina.
Cartaz da andaina.

Cita co deporte e coa montaña o vindeiro 28 de novembro no oriente ourensán. O Club Montaña Trives organizará nesa data (en colaboración co Concello de San Xoán de Río) unha Andaina que partirá ás nove da mañá da praza trivesa do Reloxio. Dende aí os participantes iniciarán un percorrido duns 13,5 km (de dificultade media-alta) que pasará polos Sequeiros, a Ponte Navea romana e chegará ata San Xoán de Río, pasando pola fermosa paraxe natural da Fraga. Estímase que a ruta durará unhas catro horas.

As persoas interesdas en realizar esta andaina poderán inscribirse ata o vindeiro 25 de novembro no enderezo electrónico club.montana.trives@gmail.com. O prezo da inscrición será de 5 euros para os socios do club e de 8 euros para os non asociados.

Ao finalizar a andaina a organización ofrecerá un magosto popular (castañas, viño e chourizos) e contarase dun autobús para a viaxe de regreso ata Trives.

Artigos relacionados

Back to top button