DeportesÚltima hora

Andaina ata a Devesa da Rogueira (O Courel), o 23 de setembro

A marcha, proposta dende o grupo de facebook “A Torre da Homenaxe de O Bolo” comezará ás 10:30h. na Moreda (Seoane do Courel)
Fragmento do cartel da andaina.

O Val do Lor, o Monte Cido e o Pico Formigueiros son algúns dos lugares que poden observarse dende o Miradoiro do Polín, un dos puntos aos que chegará a Andaina á Devesa da Rogueira (O Courel) proposta dende o grupo de facebook “A Torre da Homenaxe de O Bolo” para o vindeiro 23 de setembro.

Cunha dificultade alta, o roteiro circular de aproximadamente 12 qms dará inicio na Aula da Natureza de Moreda (Seoane do Courel). Os puntos de encontro para comezar a andaina serán O Bolo (Volobriga) ás 8.30h. ou xa no punto de inicio, na Moreda ás 10:30h.

Unha vez acabada a andaina, os que desexen quedar a visitar algunha aldea típica da zona e cear (probablemente en Folgoso do Courel) poderán confirmar a reserva no número de teléfono: 628 420 514. O custe da cea será de aproximadamente 15 euros por persoa (opcional).

A data límite para inscribirse é o xoves 21 de setembro, podendo facelo a través do seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd5oCyFmrBSMf3GBjC-lHkhfY6Fff2hD69yjbNI1dGiutS9Jg/viewform?usp=sf_link

Artigos relacionados

Back to top button