DeportesÚltima hora

Andaina do Chourizo en Trives

Terá lugar o 30 de xaneiro e partirá da praza do Pilón
Cartaz desta andaina que promove o Club Montaña Trives.
Cartaz desta andaina que promove o Club Montaña Trives.

Deportes e celebración gastronómica únense en Trives. No marco da Festa de Chourizo de Vilanova, o Club de Montaña de Trives organizará o 30 de xaneiro a segunda Andaina do Chourizo, cun percorrido de 13,93 km (para os que se estima un tempo de 3 horas). Partirá ás 9:30h. da praza do Pilón e dende alí o seu traxecto discurrirá por Pereiro, Sobrado, Encomenda, Castro, Vilanova e, finalmente, Trives.

As inscricións poden realizarse na Oficina de Turismo de Trives ou no correo club.montana.trives@gmail.com, entre outras canles. A data límite para anotarse será o 26 de xaneiro. O prezo da inscrición será de 5 euros para os socios e de 8 euros para aquelas persoas que non o sexan. Ao remate da andaina ofrecerase unha gran chourizada aos participantes.

Artigos relacionados

Back to top button