PolíticaÚltima hora

“Andaina Histórica” polo Barco, organizada polas Xuventudes Socialistas

Sairá dende o Porto da Barca e está prevista para o día 4 de setembro a partires das 19:30h.
Detalle do cartaz desta andaina.
Detalle do cartaz desta andaina.

Coñecer os feitos históricos acontecidos nas rúas polas que habitualmente camiñan os barquenses dende o nacemento da vila ata a actualidade. Ese é obxectivo da “Andaina Histórica” polo Barco que está prevista para o 4 de setembro ás 19:30h. O seu punto de partida será un dos lugares emblemáticos deste concello valdeorrés: o Porto da Barca.

“Percorreranse as principais rúas da vila rememorando os acontecementos históricos acaecidos no Barco”, explican os seus promotores, as Xuventudes Socialistas do Barco de Valdeorras, cuxo secretario xeral é Adrián Borrajo. Tras saír do Porto da Barca, o traxecto continuará “polo casco vello, coas súas fermosas casas de época, rememorando traxedias como a caída da Ponte de San Fernando ou a toma do Barco polas forzas rebeldes na Guerra Civil, entre moitos outros feitos históricos que iremos descubrindo conforme avance a andaina”, explican dende a organización. A ruta concluirá na praza do Concello, onde se lembrará aos políticos da historia barquense.

Esta andaina estaba programada nun principio para o pasado 28 de agosto, sen embargo, “por motivos externos á organización” tivo que ser aprazada para o día 4 de setembro. Dende Xuventudes Socialistas do Barco animan e convidan a participar nesta camiñata e a “desfrutar do paseo e escoitar a historia da nosa vila”.

Artigos relacionados

Back to top button