DeportesÚltima hora

I Andaina nocturna ao Foxo do Lobo de Guende

Celebrarase o 19 de agosto e está promovida por varias asociacións da zona ourensá da Baixa Limia
Cartaz da andaina.
Cartaz da andaina.

Coincidindo coa lúa chea de agosto e “coa influencia que ten nos lobos e en nós mesmos”, varias asociacións da Baixa Limia organizarán a I Andaina nocturna ao Foxo do Lobo de Guende. Nesta camiñata poderase revivir “a maxia, enerxia e misterio nunha ruta na que as siluetas do seu creador, o escultor Toño Monteiro, farán que recobren vida coa luz do branco luar”, adiantan os seus promotores.

A saída está prevista dende aldea de Guende do Concello de Lobios, o venres 19 ás 22:30h, polo que se recomenda aos participantes estar alí un pouco antes. Esta actividade será promovida por AXUGE (Asociación Xuresianos /Geresianos), O Bosque Máxico, e outras asociacions da Baixa Limia.

Artigos relacionados

Back to top button