OurenseÚltima hora

A I Andaina Ourense C.F. recadará fondos para os proxectos de infancia da Cruz Vermella

O evento será o domingo 19 de febreiro nas instalacións de Oira. O prezo do dorsal é de 3 euros e tamén existe un “dorsal 0” solidario

Deporte e solidariedade volven darse a man coa celebración da I Andaina Solidaria do Ourense Club de Fútbol a beneficio dos Proxectos de Infancia da Cruz Vermella en Ourense, e que se celebrará o vindeiro domingo 19 con saída e meta desde Oira. A actividade foi presentada esta mañá nas instalacións do pavillón dos Remedios, onde o concelleiro Mario Guede salientou a “importancia do deporte como instrumento social”.

O prazo de inscrición péchase o vindeiro 16 de febreiro, e para anotarse haberá que ingresar 3€ na conta bancaria habilitada para a ocasión. Tamén se poden facer achegas solidarias co chamado “dorsal 0”. Os dorsais poderanse recoller nas oficinas do club en horario de 17:00 a 21:00 horas ou hora e media antes da saída.

A vicepresidenta en Ourense da Cruz Vermella, Nora Sola, agradeceulle a implicación do Ourense Club de Fútbol na organización desta andaina solidarias. Os fondos recadados destinaranse aos proxectos de Infancia da Cruz Vermella en Ourense, que só o ano pasado contaron na cidade con 134 participantes entre os programas de promoción do éxito escolar e a inclusión social.

Entre as actividades do proxecto atópanse o apoio educativo, onde se traballan técnicas de estudo e o seguimento académico e la realización de tarefas escolares e reforzo de materias específicas; a entrega de merendas e de lotes de material escolar, así como axudas económicas relacionadas coa escolarización e o rendemento académico: bolsas de comedor, transporte, vestiario, gafas o actividades extra escolares. Todas estas actividades compleméntanse cun servizo de soporte ás familias no que reciben información, orientación e apoio socio-educativo en aspectos relativos á escolarización e educación temperá.

“Non se trata só de acadar o logro académico, senón que hai que buscar a inclusión e a participación dos nenos e nenas e das súas familias no proceso educativo e na comunidade á que pertencen”, sinalou Nora Sola.

Cartel da andaina.

Artigos relacionados

Back to top button