DeportesÚltima hora

Andaina outonal solidaria, o 27 de novembro en Carballeda de Avia

A actividade lúdico-deportiva será a favor da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense
Presentación da andaina solidaria "Camiñando contra o cancro".
Presentación da andaina solidaria “Camiñando contra o cancro”.

O vindeiro domingo 27 de novembro celebrarase na Andaina Solidaria “Camiñando contra o Cancro” a beneficio da AECC de Ourense, organizada polo Concello de Carballeda de Avía.

A recollida de dorsais será ese mesmo día ás 8:30 horas e a saía efectuarase dende o pavillón de Abelenda das Penas. A ruta de 18 quilómetros e dificultade media/alta, estará completamente sinalizada e contará coa asistencia de protección civil. Contará asemade con varios avituallamentos ao longo do percorrido e ao rematar haberá comida-magosto con Porco Celta ao espeto e castañas.

A organización adiantou que haberá dous autocares en dous puntos do recorrido para aquelas persoas que queiran participar pero non facer o percorrido completo. O prezo da inscrición é de 8 euros, dos cales 2 serán para a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense.

Á presentación a carreira, celebrada na sede da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense, asistían a tesoureira da asociación, Lita González González; o concelleiro de Carballeda de Avia, Gabriel Alonso González; e o axente de desarrollo local Carballeda de Avia, Ángel Barba Alonso.

 

Cartaz da andaina-festa do outono en Carballeda de Avia.
Cartaz da andaina-festa do outono en Carballeda de Avia.

Artigos relacionados

Back to top button