DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Andaina para desfrutar dos “Ceos de Trevinca”

Unhas 25 persoas participaban na actividade organizada polo Club Montañas de Trevinca

Despois dunha exitosa X edición da marcha nocturna entre Lobos e Estrelas, o Club de Montañismo Montañas de Trevinca organizaba para o 3 de agosto unha nova actividade para gozar da noite estrelada dende a Cima de Galicia: “Os Ceos de Trevinca”.

Tal como estaba programado, na actividade participaron 20 persoas máis 5 do equipo de seguridade e guía. Un total de 25 persoas que puideron observar “un magnífico ceo estrelado dende a cima de Galicia e escoitar as charlas sobre diferentes aspectos astronómicos”, explican dende a organización, destacando que foi “unha excelente noite para a observación estelar, cun excelente grupo de persoas na participación e na relación e excelente itinerario tocando as lagoas glaciares de Piatorta e A Serpe”.

A andaina remataba na aldea de A Ponte (A Veiga) cunha charla explicativa das Montañas de Trevinca, no Centro de Montaña do mesmo nome.

Fotos: Club de Montañismo Montañas de Trevinca.

Artigos relacionados

Back to top button