DeportesÚltima hora

Andaina pola Ruta do Galir, no concello do Barco, este domingo 13 de maio

As saídas poden facerse dente a Casa do Río Cigüeño o a praza de Éntonma

A Casa do Río Cigueño e a praza de Éntoma son os puntos de partida a elixir para participar na andaina pola Ruta do Galir que o Club Peña Trevinca Barco propón para este domingo 13 de maio.

Na primeira opción, algo máis difícil, sairase dende O Barco de Valdeorras ás 9 da mañá cunha distancia de 16-17 km. Na segunda, máis levadeira, a saída está prevista para as 10:30h. cun percorrido duns 8 km, cunha altura máxima de 650 metros e unha altura mínima de 350 metros e circular, que se pode facer “tranquilamente en 2:30 horas, sacando fotos e contemplando a paisaxe”, din dende a organización, explicando que no seu día a ruta foi sinalizada por Raúl Díaz García, natural de Éntoma “para que todos os amantes da natureza poidan gozar deste marabilloso ámbito”.

A inscrición é gratuíta pero obrigatoria na web do club ata o venres 11 de maio ás 14 horas. (https://clubtrevincabarco.org/club/senderismo-13-05-2018-ruta-galir/), indicando a saída de cada un: O Barco (saída 1) ou Éntoma (saída 2).

Para máis información: socios@clubtrevincabarco.org

Artigos relacionados

Back to top button