CulturaCulturaÚltima hora

A Andaina pola Via Nova chega a Valdeorras e Trives na súa quinta edición

O percorrido, que incluirá tramos a pé e en vehículo, terá lugar na xornada do 9 de setembro
Participantes nunha das edicións anteriores desta andaina que se iniciaba hai cinco anos en Braga.

No verán de 2013 poñíase en marcha o proxecto de percorrer andando o traxecto da calzada Via XVIII, tamén coñecida como Via Nova e que unía hai dous mil anos as cidades romanas de Bracara Augusta e Asturica Augusta.

Cinco anos despois, os percorridos a pé que se fan cada verán, chegan agora a terras do oriente ourensán. En concreto percorrerase o sector das mansións Nemetobriga (Trives)-Gemestario (Portela de Aguiar, na fronteira leonesa).

Os participantes sairán ao redor das nove e media da mañá dende a igrexa de Vilamartín para, de seguido, dirixirse cara á Serra da Enciña da Lastra (Rubiá) e percorrer un treito da Via Nova, ademais de asistir a unha conferencia ao aire libre sobre esta estrada da época romana.

Xa pola tarde farase un traxecto en coche entre O Barco e Trives. Esta iniciativa será promovida, un ano máis, pola Fundación Aquae Querquennae/Via Nova e polas Cámaras municipais de Amares e Terras de Bouro (Portugal). A coordinación desta actividade correrá a cargo do profesor Antonio Rodríguez Colmenero.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close